Xornada sobre Big Data e Estatística PDF Print E-mail

 

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), o grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC corganizan unha Xornada sobre Big Data e Estatística.

O gran avance experimentado nos últimos anos polas tecnoloxías da información, unido ao crecemento das aplicacións dispoñibles en internet, motiva que as organizacións teñan que afrontar novos retos que lles permitan analizar, atopar e entender moito máis do que lles permitían as ferramentas tradicionais. Todo isto deu lugar o fenómeno coñecido como Big Data, o tratamento e análise de enormes repositorios de datos, tan desproporcionadamente grandes que resulta imposible tratalos coas ferramentas estatísticas e computacionais convencionais. O obxectivo desta reunión é promover este novo eido do coñecemento.


O encontro terá lugar o día 19 de xuño de 2015 na Facultade de Informática (FIC) da UDC na Coruña (Galicia, España). A xornada, que conta con recoñecidos expertos neste eido, incluirá catro conferencias, tres delas do ámbito da universidade e unha da empresa, ademais dun obradoiro sobre Big Data con R.


Esperamos vervos pronto, desfrutando da xornada e da cidade!


O Comité Organizador

SGAPEIOMODESRede de Tecnoloxías Cloud e Big Data

 

UDCUDC

FIC