SESION II PDF Print E-mail
11:45-12:45 Amparo Alonso Betanzos
(1 h) Research in Big Data Learning, does a profession with a future?

Abstract

Na actualidade, os datos cumpren un papel similar ao que no seu día cumpriu o combustible na economía industrial, é dicir, son un recurso esencial que alimenta a innovación tecnolóxica e social. Nunha enquisa de 2012 realizada por Information Week, o 40% dos que citaron Análise de Big Data como unha das áreas de maior crecemento, esperaban aumentos do 11% en necesidades de persoal especializado nos próximos anos. Os Gobernos están así mesmo a apostar forte polas tecnoloxías de Big Data, para relanzar as súas economías e baixar as taxas de desemprego. Fronte a esta Terra Prometida de Big Data, a maioría dos informes dinnos que máis do 80% das compañías enquisadas non recollen todos os datos necesarios das seus clientes/negocios, porque non dispoñen dos recursos necesarios para iso, e as compañías que os recollen, non están a analizalos, por falta de persoal especializado. É por ese motivo polo que un perfil de Científico en Datos foi cualificado polo Harvard Bussiness Review como o traballo máis sexy do século XXI.
As aplicacións intelixentes de Big Data, en particular, producirán novos servizos e oportunidades de negocio nunha variedade de campos moi ampla, máis alá das xa clásicas industrias relacionadas coas TIC e a enerxía, como poden ser a mercadotecnia dirixida, a administración electrónica, a aprendizaxe on-line ou a asistencia a maior e diminuída.
Nesta charla, faremos unha revisión de que é Big Data, e que retos nos formula aos que traballamos en Computación, e máis concretamente, en Intelixencia Artificial.

 

Download here the presentation.